|
|
O XII ENCONTRO GALEGO DE ILUSTRACIÓN TRAE A SANTIAGO DE COMPOSTELA
OS ILUSTRADORES PUÑO E SAGAR FORNIÉS
Este sábado, 31 de outubro, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) organiza a duodécima edición do Encontro Galego de Ilustración. Será, como de costume, unha actividade de entrada libre para todo o público interesado e totalmente gratuÃta, e traerá de novo a Santiago de Compostela algúns dos nomes máis sobranceiros do panorama da ilustración actual. O cambio máis importante desta edición é que o lugar do encontro pasa a ser aula magna da HospederÃa San MartÃn Pinario (praza da Inmaculada, 3, 15704 Santiago de Compostela, a carón da praza do Obradoiro).
O Encontro comezará ás 10:00 horas, coa charla do primeiro convidado, o ilustrador Puño, titulada «Ilustrando ayer, hoy y quién sabe si mañana». Nela, Puño percorrerá a liña temporal do oficio de ilustrador, tanto desde unha perspectiva global como desde a súa persoal.
De formación autodidacta, Puño dedÃcase á ilustración desde 1994. Traballa no ámbito do álbum ilustrado, a banda deseñada e a poesÃa, con varias publicacións en revistas, editoriais e portais dixitais. Tamén canaliza as súas creacións a través do colectivo Ultrarradio. Gañou, entre outros, o Premio Internacional de Ilustración Fundación SM 2009, o 1.º Premio Creacómic CAM 2009, o 1º Premio de FotografÃa Cinemad 2008, o 3.º Premio Nontzeflash de Cortometrajes de Animación 2006 e o premio a Mejor Corto de Animación ARPO 2001.
Despois dunha pausa, ás 12:00 será o momento da charla de Sagar Forniés, «De la calle al estudio». Para Forniés, o debuxante ten un compromiso por entender e explicar aquilo que o rodea a través do debuxo; o ilustrador explicará como leva anos debuxando do natural e buscando a forma de dar unha segunda vida a ese traballo.
Sagar Forniés estudou Belas Artes en Barcelona e comezou a traballar en animación para publicidade, fixo escenografÃas con La Fura dels Baus e publicou banda deseñada de forma esporádica en moitas das editoriais nacionais. Estivo traballando nos layouts e fondos da pelÃcula Chico y Rita do Estudio Mariscal. Publicou tres libros de bosquexos sobre Barcelona (o último este ano), e creou unha escenografÃa para o ballet A consagración da primavera, de Stravinsky, estreado en ParÃs en 2013. Tamén realizou encargos para Sony, La Caixa, o Fútbol Club Barcelona e diferentes publicacións de prensa.
Xa ás 13:30, para terminar, farase a presentación do novo catálogo da AGPI, titulado Novas olladas sobre os clásicos universais. Nel, medio centenar de ilustradores galegos dan unha visión persoal de obras clásicas da literatura, desde os contos dos irmáns Grimm ata A illa do tesouro ou A pantasma de Canterville.
A partir das 14:00, os actos pasarán a ser xa reservados para os socios da AGPI (o tradicional «Fotomatón» —foto de familia con todos os presentes—, o xantar e mais a asemblea xeral da asociación).
|
|
|
|
|
|