Copy
newsletter disquecool #4

Sorteo exclusivo polo aniversario de Disquecool e o mellor do mes

Maio é sempre un mes especial, coas súas flores, coas raiolas de sol cada vez máis fortes facéndose paso entre as nubes, e cos días xa longos. É a luz ao final do túnel, a certeza de que as cousas xa só poden ir a mellor nos próximos meses. Pero maio é tamén un mes amado en Disquecool por unha razón moito máis persoal e egoísta: estamos de aniversario! Nesta newsletter, ademais de repasar o máis destacado do mes de abril, temos un contido exclusivo que vos premia a vós, queridos subscritores: sorteamos catro bolsas de Disquecool! As instrucións, facendo scroll ata ben abaixo.

Maio, tempo de vodas
Oh'Meri
Cando pasa Semana Santa chega a primavera (pouco importa que ás veces chegue oficialmente antes), comeza a conta atrás para as vacacións (pouco importa que xa non esteas na escola e que non dependas xa das vacacións escolares) e empeza o bo tempo (e pouco importa que isto non sexa realmente verdade: digamos que aos nosos corazóns si chega o bo tempo). [...]
Reflexións
FASHION REVOLUTION DAY: QUEN FIXO A TÚA ROUPA?

O 24 de abril de 2013, un total de 1.133 persoas morreron e máis de 2.500 resultaron feridas debido ao afundimento do Rana Plaza en Dhaka, Bangladesh. Para lembrar a estas persoas, crear conciencia acerca dos costes reais da moda e demostrar ao mundo que un futuro máis sostible é posible, no ano 2014 naceu Fashion Revolution Day.[...]
ENTENDENDO O FEÍSMO A GOLPE DE INVESTIGACIÓN

Casas co exterior de cemento que nunca se chegou a pintar. Galpóns co tellado de uralita. Edificios que hai demasiado tempo que non reciben unha man de pintura, manchados polo paso dos anos sen que a ninguén lle importen. Solucións provisionais que nunca chegan a ser substituídas pola definitiva. Falamos do controvertido feísmo, que para uns é unha cousa [...]
POR QUE CASAR (OU NON) SEGUNDO CHARLES DARWIN?

A Charles Darwin todos o coñecemos porque é o pai da teoría da evolución e da ciencia moderna. Todos sabemos que foi un home decidido, que defendeu o que cría con seguridade (e non foi doado nin bonito), pero o certo é que en 1838 non tiña tan clara unha decisión. Debía casar ou non casar? Era o matrimonio unha boa idea? [...]
Axenda
OS FESTIVAIS QUE VEÑEN: MAIO 2015

Houbo un momento de susto, non o vou negar. Empecei a miña busca mensual de festivais en todas partes (aínda que no verán tendemos a centrarnos en Galicia e Portugal) e o suor frío empezou a brotar da miña fronte [...]
BUSCANDO LUGARES COOL EN PONTEVEDRA

O tren está de moda. Xa sexa porque é época electoral e hai que prometer cousas ou porque Raquel nos contou a súa aventura de ir a Portugal. Agora, que se queredes aventuras invítovos a venir dende Santander ata Pontevedra con transbordos en Palencia e Vigo. [...]
Exclusivo

Sorteo de 4 disquebolsas para celebrar o noso cuarto aniversario!


Xa contamos a historia moitas veces. En abril de 2011 fomos de excursión a Padrón e, tras a visita obrigada á casa de Rosalía, falamos durante a comida (un delicioso polbo á feira) do que nos gustaría montar algo. Un medio de tendencias, por exemplo. Podería ter quedado en nada, como moitas veces pasa nestes casos, pero Raquel chegou á casa, deulle á cabeza e dous días despois enviou un mail tan detallado e longo sobre como facelo todo que decidimos dar o paso. Catro anos despois, aquí seguimos.

Un aniversario así debe ser celebrado! E desta vez decidimos facer a celebración algo máis exclusiva, facela para vós, os fans que nos seguides incluso a través desta newsletter. Sorteamos catro disquebolsas! Seguro que moitos de vós xa tedes unha, pero nunca está de máis renovar... coñecemos de primeira man os efectos do tempo e a vida nas nosas bolsas.

Que tedes que facer para participar? Moi sinxelo: tan só pedimos que nos enviedes un mail a info@disquecool.com contándonos para que utilizaredes a bolsa se vos toca. Tedes ata o vindeiro domingo 17 de maio (unha data tamén especial!) para participar. O luns faremos un sorteo entre todos os mails recibidos e porémonos en contacto cos gañadores.

Moita sorte e, sobre todo, moitísimas grazas por estares sempre aí. A por outros catro anos máis!

Date de baixa    Preferencias 

Email Marketing Powered by Mailchimp