Copy
newsletter disquecool #6

Que facer en xullo, moitas curiosidades e música para estar á última 

Encántanos cuantificar cousas: 7 artigos imprescindibles, 5 cancións que veñen de saír do forno, (case) 5.000 seguidores en Facebook, 1 newsletter ó mes… Todo sexa por saber cando imos terminar con isto que temos entre mans e saltar ao seguinte. E que será o seguinte? Pois se non o sabes aínda, aquí tes unhas cantas ideas de plans que facer neste mes de xullo. E entre plan e plan, un pouco da música que acaba de chegar ao mercado e que promete uns bos discos para os vindeiros meses.

Plans
5 PLANS PARA SOBREVIVIR A SANTIAGO EN XULLO
Non ten praia, a calor vólvese pegañenta se o termómetro marca máis de 25ºC e o aire ás veces parece non moverse: Santiago é un forno no verán. Porén, sobrevivir ao mes de xullo en Compostela é posible. Se tes que traballar ou estudar, se veñen os teus colegas de visita, ou se simplemente quedas a vivir aquí porque, sinceramente, é a mellor cidade, aquí van uns consellos para non morrer neste mes de olas de calor e cambios bruscos de tempo [...]
OS FESTIVAIS QUE VEÑEN: XULLO 2015
Agora si. Temos sol, calor, os de costa xa puidemos desfrutar de máis dun chapuzón na praia e cústanos crer cando remata a fin de semana que de verdade non estamos de vacacións. Queremos facer cousas, saír ao aire libre, desfrutar das raiolas de sol (ou fuxir delas, que tampouco hai que pasarase) e sentir que o tempo se para só para que poidamos respirar e ser máis felices [...]
Especial curiosidades
6 COUSAS QUE NON SABES QUE PASAN NOS CONTOS DE FADAS
6 COUSAS QUE NON SABES QUE PASAN NOS CONTOS DE FADAS

Todos coñecemos os contos de fadas e todos temos un favorito que cando eramos pequenos amabamos con grande entusiasmo (e sen pensar en todos os significantes máis ou menos chungos que poderían existir ligados á historia da que estamos a falar)[...]
DONA ANGELITA: OU COMO O PRIMEIRO EREADER NACEU EN FERROL
DONA ANGELITA: OU COMO O PRIMEIRO EREADER NACEU EN FERROL

Nos recunchos esquecidos da historia, neses puntos nos que quedan as cousas da vida cotiá e desa historia que non aparece nos grandes manuais (xa sabedes, nada de grandes batallas ou de leis moi contestadas), ás veces quedan acumuladas historias moi curiosas, que agardan a que alguén as recupere e as dea a coñecer, sorprendendo aos receptores do [...]
A CURIOSA OBSESIÓN DO SÓNAR COS XEMELGOS
A CURIOSA OBSESIÓN DO SÓNAR COS XEMELGOS

Que as campañas de promoción do Sónar xeren expectación e que sexan case un evento en si mesmo non é nada estraño. Estrañas e inquietantes si que adoitan ser as formas das súas propostas. No mes de outubro do ano pasado o Sónar iniciaba un proceso de selección de xemelgos e xemelgas (idénticos) para a promocionar o festival de 2015. A idea da campaña deste ano estaba ligada á [...]
Que non che falte de nada
LOVELY PICNIC: UNHA CESTA CON TODO PREPARADO… A DOMICILIO
LOVELY PICNIC: UNHA CESTA CON TODO PREPARADO… A DOMICILIO

Agora que o noso primeiro pensamento cada vez que queremos facer calquera cousa é preguntarnos se podemos facelo por Internet, agora que pedir comida a domicilio desde a rede é unha actividade tan normal como saír a cear a un restaurante, é normal que pouco a pouco as lagoas que quedaban empecen a encherse. [...]
ATOPA AS MELLORES NOVAS APPS CON PRODUCT HUNT
ATOPA AS MELLORES NOVAS APPS CON PRODUCT HUNT

Imaxina unha páxina web na que cada día unha serie de expertos recomendan as mellores aplicacións móbiles ou programas que acaban de saír ao mercado. Que logo a comunidade vota para establecer unha clasificación entre o que é cool e o que non. Imaxina [...]
Exclusivo

Pode que ningunha sexa a canción do verán, pero si que son adiantos de discos que chegarán nos próximos meses e soan de marabilla! Aquí tedes as nosas recomendacións:

The Libertines - Gunga Din
https://www.youtube.com/watch?v=LEf27xuYcw4
Pete Doherty e Carl Barât poñen fin a diez anos de encontros e pelexas cunha nova canción para o seu novo álbum 'Anthems for Doomed Youth', listo para o 4 de septembro.

Albert Hammond, Jr. - Losing Touch
https://www.youtube.com/watch?v=ejvt9Crdu5Q
O membro dos Strokes xa ten listo o seu tercer LP 'Momentary Masters', que escoitaremos o 31 de xullo. Este é o segundo single tras Born Slippy.

Tame Impala - Eventually
https://www.youtube.com/watch?v=GHe8kKO8uds
Os australianos lanzarán o esperado disco 'Currents' o 17 de xullo e este é o cuarto single do mesmo. Repetirá Kevin Parker os éxitos de 'Innerspeaker' e 'Lonerism'?

Beach House - Sparks
https://www.youtube.com/watch?v=n5kpLXfwVTc
O 28 de agosto é o día para escoitar 'Depression Cherry', o novo traballo dos Beach House e Sparks é o primeiro single desde fai unha semana.

Alondra Bentley- What Will You Dream
https://www.youtube.com/watch?v=KSXJn3lT3Gw
What Will You Dream é o primeiro adianto de 'Resolutions', o novo de Alondra Bentley que agardamos para outubro… e ten moi boa pinta!

Date de baixa    Preferencias 

Email Marketing Powered by Mailchimp