Copy

Boletín Correlingua: novembro 2018



Calca aquí para ver este boletín no teu navegador
https://mailchi.mp/27d31a256b9c/correlingua-boletn-novembro-2018?e=[UNIQID]

 

Prezada compañeira:
Prezado compañeiro:
Xa está aberta a inscrición para o Correlingua 2019! En correlingua.gal está dispoñíbel o calendario das festas finais e o formulario de inscrición. Nos primeiros quince días xa se inscribiron 4.000 rapazas e rapaces de 43 centros de ensino. E no teu centro, a que esperades? Traballo feito non mete apuro!!

Concursos escolares

Neste curso 2018-19 o Correlingua volve organizar os concursos de manifesto, banda deseñada e vídeo. Poderá participar no manifesto o alumnado de ESO e bacharelato e na BD o de infantil e primaria. O concurso de vídeo contará con dúas categorías, unha para ESO e bacharelato e outra para infanitil e primaria. As bases  están dispoñíbeis na web do Correlingua, así coma os formularios de inscrición para o manifesto, vídeo e banda deseñada. O prazo para inscribirse remata o 1 de febreiro de 2019. Recordade que as propostas deberán centrarse no lema do Correlingua 2019, o galego é a fórmula, que reivindica a presenza da nosa lingua en todas as materias do ensino, tamén nas do ámbito científico.

 

Moitas grazas pola túa implicación! 

INSCRICIÓN NAS CARREIRAS E FESTAS FINAIS
Para inscribir o teu centro na carreira e festa final do Correlingua  só tes que premer aquí e cubrir os campos do formulario. 

 PROPOSTAS GAÑADORAS CONCURSOS CORRELINGUA 2018
Vídeo gañador  primaria 
Vídeo gañador secundaria
Manifesto gañador 2018
Banda Deseñada gañadora 2018

COÑÉCENOS, CONTACTA, SÍGUENOS EN: 
Facebook
Instagram
Páxina web
Correo electrónico
Correlingua TV