Copy
 Se non viras ben este mail clica aquí

Benquerid*s amig*s, queremos convidarvos a unha nova conversa arredor do libro Orfeo canta. Iniciación, signo & retorno, do autor rianxeiro Roberto Abuín, libro que vimos de publicar recentemente e que se insire por un eido pouco habitual dentro da escrita contemporánea en galego. Un eido xa camiñado por outr*s (Pascal Quignard, Maria Gabriela Llansol, Alfonso Pexegueiro, etc.) mais non explorado aínda en toda a súa vasteza, debido á singularidade e radicalidade que abre sobre o que habitualmente referimos como literatura. Un eido onde poesía, narración e filosofía converxen nunha danza que nos move alén da propia letra do libro; ou na que o libro devén signo contrario á mera inscrición e se fai porta ao impensado.

A conversa será desta volta no espazo Nemonon (Vila Pilar, Marqués de Riestra 11, 1º) ) en Pontevedra, o vindeiro martes 27 de novembro, ás 20 horas, e desenvolverase entre o autor e a teórica da literatura Milagros Lores Torres, estudosa do pensameno da filósofa Luce Irigaray na teoría literaria feminista.

Esperámosvos.

Axóuxere Editora

 


Axouxere Editora 2018
Brión, 64 - Leiro / 15928 Rianxo / Galiza



Se recibes esta mensaxe é porque tes algunha relación profesional ou persoal co proxecto Axóuxere.
De non ser así, desculpa o erro; podes darte de baixa na lista seguindo a ligazóno a rodapé. Obrigado.