Copy

Nova imaxe gráfica AGPI

Estimado sucriptor/a:

Durante estes meses estivemos traballando dende a directiva na renovación de parte da imaxe da AGPI. Trátase dun novo logotipo, un manual de estilo interno de cómo aplicar textos e deseños, novas campañas informativas e algúns axustes e melloras na nosa páxina web.

O novo logotipo ten como concepto principal a unión do colectivo representado por dúas figuras simétricas. Mediante un trazo rotundo e unhas formas sólidas, os ollos remiten á creación visual e gráfica da nosa profesión. A tipografía FUTURA de formas sólidas e lexibles, enfatiza na idea dunha imaxe gráfica cartelista e contundente nas campañas de redes sociais.

Seguimos mantendo a cor corporativa, aínda que debido a certas limitacións da cor, incorporaremos unha segunda cor azul en campañas ou documentos puntuais. O mesmo tempo estamos a deseñar novas campañas comunicativas que teñen que ver con reivindicacións laborais da nosa profesión.

No tocante á páxina web aplicamos a nova gráfica e fixemos unha lixeira reconfiguración nas diferentes seccións. Como cambio máis sinalable neste sentido para suscriptores/as e visitantes en xeral, optimizamos o apartado de recursos, abrindo a disposición de non socios/as documentos de referencia que nos pareceu poderían ser de utilidade para ilustradores/as e outros/as profesionais do noso sector.

Esperamos que vos guste.
 

Logo: Carlos Arrojo

Equipo deseño: Uxia Pin, Bea Lema e Alberto Vázquez.

 

agpi.es
facebook
Twitter
YouTube
Instagram
Copyright © 2020 AGPI, All rights reserved.