Copy
Se esta mensaxe non se ve correctamente, podes vela no teu navegador.

Terceira sesión de debuxo de modelo
no Clube de Debuxo

Despois da pausa estival, volve o Clube de Debuxo, e faino novamente en forma de sesión de debuxo con modelo en vivo na Fundación Luis Seoane (rúa San Francisco, 27, 15001 A Coruña) este venres, 20 de setembro, de 19:00 a 21:00. 

Como nas anteriores sesións, co obxecto de realizar un debuxo áxil, as poses do modelo serán curtas, de entre un e dez minutos, e, malia que haberá cadeiras para quen queira, o recomendable será moverse pola sala. Cada asistente, como é habitual, debe levar o seu propio material.

As actividades do Clube de Debuxo están dirixidas a ilustradores, animadores, debuxantes de cómic e estudantes de ilustración. No caso dos socios da AGPI, a actividade é gratuíta, pero aos non socios nesta ocasión pediráselles un donativo de 2 euros (na propia sala), para cubrir o pagamento do modelo. Para realizar a inscrición, só hai que cubrir este formulario en liña: https://bit.ly/2lZi6H0. O prazo de inscrición remata o 19 de setembro. O aforo é limitado, e as prazas serán adxudicadas por rigorosa orde de inscrición.

Esta quinta sesión dá así continuidade ás outras dúas con modelo realizadas na mesma Fundación Luis Seoane, e mais ás realizadas anteriormente nun ensaio da Sinfónica de Galicia e na piscina municipal do Club do Mar da Coruña.

Clube de Debuxo naceu coa intención de realizar unha práctica interesante rodeados de compañeiros, ademais de crear un punto de encontro entre profesionais onde compartir as nosas experiencias e inquedanzas. De momento todas as sesións foron situadas na cidade da Coruña, mais a intención é abrir o abano de localizacións proximamente a outras zonas da comunidade galega.

Website
Facebook
Twitter
Flickr
YouTube
Instagram
Recibes esta información da AGPI pola túa relación previa connosco.
Se non desexas recibir máis mensaxes nosas, podes cancelar a túa subscrición directamente
coa ligazón que aparece máis abaixo ou mediante os medios de contacto indicados.
© 2019 AGPI


Queres mudar como recibes estes correos?
Podes facer trocos nas túas preferencias ou cancelar a subscrición.

Email Marketing Powered by Mailchimp