Copy
Se esta mensaxe non se ve correctamente, podes vela no teu navegador.

Nova sesión do Clube de Debuxo,
con debuxo de modelo

A cita de outubro do Clube de Debuxo adopta por cuarta vez a forma de sesión de debuxo con modelo en vivo na Fundación Luis Seoane (rúa San Francisco, 27, 15001 A Coruña). Será o venres 25 de outubro, de 19:00 a 21:00. 

De novo, para permitir realizar un debuxo áxil, as poses do modelo serán curtas, de entre un e dez minutos, e o recomendable será moverse pola sala, malia que haberá cadeiras para quen queira. 

As actividades do Clube de Debuxo están dirixidas a ilustradores, animadores, debuxantes de cómic e estudantes de ilustración. No caso dos socios da AGPI, a actividade é gratuíta, pero aos non socios nesta ocasión pediráselles un donativo de 2 euros (na propia sala), para cubrir o pagamento do modelo. Cada asistente, como é habitual, debe levar o seu propio material de debuxo. Para realizar a inscrición, só hai que cubrir este formulario en liña: bit.ly/33uZjUz. O prazo de inscrición remata o 24 de outubro. O aforo é limitado, e as prazas serán adxudicadas por rigorosa orde de inscrición.

Esta é a sexta sesión do Clube de Debuxo, e a cuarta das realizadas con modelo na mesma Fundación Luis Seoane; anteriormente realizáronse outras nun ensaio da Sinfónica de Galicia e na piscina municipal do Club do Mar da Coruña.

Clube de Debuxo naceu coa intención de realizar unha práctica interesante rodeados de compañeiros, ademais de crear un punto de encontro entre profesionais onde compartir as nosas experiencias e inquedanzas. Ata o de agora, todas as sesións foron situadas na cidade da Coruña, mais en breve abrirase o abano de localizacións a outras zonas da comunidade galega.

Website
Facebook
Twitter
Flickr
YouTube
Instagram
Recibes esta información da AGPI pola túa relación previa connosco.
Se non desexas recibir máis mensaxes nosas, podes cancelar a túa subscrición directamente
coa ligazón que aparece máis abaixo ou mediante os medios de contacto indicados.
© 2019 AGPI


Queres mudar como recibes estes correos?
Podes facer trocos nas túas preferencias ou cancelar a subscrición.

Email Marketing Powered by Mailchimp