Copy
Se esta mensaxe non se ve correctamente, podes vela no teu navegador.

Sesión do Cube de Debuxo da Coruña,
con debuxo de modelo

A cita de febreiro do Clube de Debuxo, iniciativa da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, volve adoptar a forma de sesión de debuxo con modelo en vivo na Fundación Luis Seoane (rúa San Francisco, 27, 15001 A Coruña), este venres, 21 de febreiro, de 19:00 a 21:00. 

Como vén sendo habitual, para permitir realizar un debuxo áxil, as poses do modelo serán curtas, de entre un e dez minutos, e o recomendable será moverse pola sala, aínda que haberá cadeiras para quen queira. 

As actividades do Clube de Debuxo están dirixidas a ilustradores, animadores, debuxantes de cómic e estudantes de ilustración. No caso dos socios da AGPI, a actividade é gratuíta, pero aos non socios nesta ocasión pediráselles un donativo de 2 euros (na propia sala), para cubrir o pagamento do modelo. Cada asistente, como é habitual, debe levar o seu propio material de debuxo. Para realizar a inscrición, só hai que cubrir este formulario en liña. As prazas son limitadas, e serán adxudicadas por rigorosa orde de inscrición.

Esta é a oitava sesión do Clube de Debuxo; anteriormente realizáronse outras na propia Fundación Luis Seoane, nun ensaio da Sinfónica de Galicia, na piscina municipal do Club do Mar da Coruña, no Mercado de Verdura de Vilagarcía e nun ensaio de danza no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Clube de Debuxo naceu coa intención de realizar unha práctica interesante rodeados de compañeiros, ademais de crear un punto de encontro entre profesionais onde compartir as nosas experiencias e inquedanzas. A partir de agora, as sesións do Clube comezarán a realizarse tamén noutras localidades galegas, que se anunciarán en breve.

Website
Facebook
Twitter
Flickr
YouTube
Instagram
Recibes esta información da AGPI pola túa relación previa connosco.
Se non desexas recibir máis mensaxes nosas, podes cancelar a túa subscrición directamente
coa ligazón que aparece máis abaixo ou mediante os medios de contacto indicados.
© 2020 AGPI


Queres mudar como recibes estes correos?
Podes facer trocos nas túas preferencias ou cancelar a subscrición.

Email Marketing Powered by Mailchimp