Copy
Se esta mensaxe non se ve correctamente, podes vela no teu navegador.

Encontro de ilustración no
Salón de Pontevedra

O próximo venres 13 de marzo, dentro do programa do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, terá lugar ás 17:30 un Encontro profesional de ilustración, no Pazo da Cultura de Pontevedra (rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra). A actividade está organizada pola AGPI en colaboración co Salón, e constará dunha charla e unha mesa redonda.

A charla terá como título «O poder de asociarse»; nela explicarase o traballo que se realiza desde a asociación e cales son os motivos da súa existencia. A continuación, a mesa redonda «Un ilustrador na miña cidade. Crear comunidade» reunirá os Ilustradores pontevedreses Berto FojoNatalia Umpiérrez e Diego Estebo, moderados por Bea Lema. Falarán de como entenden o asociacionismo e de como é traballar desde Galicia nun mundo global.

A asistencia ao encontro é gratuíta, mais é preciso inscribirse escribindo ao enderezo ponteilustra@gmail.com.

Website
Facebook
Twitter
Flickr
YouTube
Instagram
Recibes esta información da AGPI pola túa relación previa connosco.
Se non desexas recibir máis mensaxes nosas, podes cancelar a túa subscrición directamente
coa ligazón que aparece máis abaixo ou mediante os medios de contacto indicados.
© 2020 AGPI


Queres mudar como recibes estes correos?
Podes facer trocos nas túas preferencias ou cancelar a subscrición.

Email Marketing Powered by Mailchimp