Copy
Se esta mensaxe non se ve correctamente, podes vela no teu navegador.

#ilustracionenlucha
Acción conxunta do sector da ilustración ante a COVID-19
 

Dende FADIP (Federación de Asociacións de Ilustradores/as Profesionais) estamos a organizar unha acción conxunta co obxectivo de crear un informe interterritorial da situación do sector da ilustración no sentido máis amplo con respecto á crise xerada pola COVID-19.

O eixo principal desta campaña son unha serie de enquisas que se están a realizar por diferentes asociacións de profesionais territoriais. A nivel galego, da nosa enquisa en particular, xa vimos falando dende fai uns días.

Coa iniciativa anímase a tódalas persoas interesadas a descargar a imaxe da campaña e escribir un texto invitando a encher as enquisas. Podes compartila nas diferentes redes sociais xunto ó hashtag #ilustracionenlucha e etiquetando a @fadip_org.

Máis información sobre a campaña na páxina de FADIP.

Ilustración da campaña de Nuria Tamarit.

 

Website
Facebook
Twitter
Flickr
YouTube
Instagram
AGPI ofrece aos seus socios/as información sobre actividades e convocatorias de interese. 
Esta é unha información exclusiva para os socios/as da AGPI.
© 2020 AGPI


Queres mudar como recibes estes correos?
Podes facer trocos nas túas preferencias ou cancelar a subscrición.

Email Marketing Powered by Mailchimp