Copy
 Se non viras ben este mail clica aquí

Benquerid*s amig*s, queremos convidarvos a un novo acto arredor do libro Orfeo canta. Iniciación, signo & retorno, do autor rianxeiro Roberto Abuín, libro que vimos de publicar recentemente e que se insire por un eido pouco habitual dentro da escrita contemporánea en galego. Un eido xa camiñado por outra xente (desde Maurice Blanchot até Maria Gabriela Llansol ou Pascal Quignard) mais non explorado aínda en toda a súa vasteza, debido á singularidade e radicalidade que abre sobre o que habitualmente referimos como literatura. Un eido onde poesía, narración e filosofía converxen nunha danza que nos move alén da propia letra do libro; ou na que o libro devén signo contrario á mera inscrición e se fai porta ao impensado. Literatura filosófica de estirpe nietzschiana.

O encontro será desta volta na libraría Andel (Av. das Camelias 102) en Vigo, o vindeiro xoves 13 de decembro, ás 20 horas, e nel conversarán o autor e mais o filósofo, poeta e editor Carlos Lema.

Agardámosvos.


Axóuxere Editora
 


Axouxere Editora 2018
Brión, 64 - Leiro / 15928 Rianxo / Galiza



Se recibes esta mensaxe é porque tes algunha relación profesional ou persoal co proxecto Axóuxere.
De non ser así, desculpa o erro; podes darte de baixa na lista seguindo a ligazóno a rodapé. Obrigado.