Copy

Boletín Correlingua: decembro 2018



Calca aquí para ver este boletín no teu navegador
https://mailchi.mp/b565e315a8d4/correlingua-boletn-decembro-2018?e=[UNIQID]

Alumnado gañador do manifesto e o vídeo de secundaria 2018


Concursos Correlingua 2019

O Correlingua organiza para a súa edición de 2019 os concursos escolares de manifesto, banda deseñada e vídeo. O alumnado de ESO e bacharelato poderá participar nos de manifesto e vídeo, mentres que para infantil e primaria está programado o concurso de BD e tamén unha categoría propia no de vídeo. No 2018 as mozas e mozos que gañaron os concursos de manifesto e vídeo de secundaria pasaron dous días en Alvarella Ecoturismo onde gozaron dun roteiro polas Fragas do Eume ou unha visita ao Museo Etnográfico da Capela, entre outras actividades. As nenas e nenos gañadores da BD e o vídeo de primaria visitaron a Casa-Museo Manuel María e tiveron alí unha actuación só para eles de Paco Nogueiras. Podedes ver algunhas fotos dos premios na nosa web. Animádevos a participar este ano co voso alumnado para gozar de premios coma estes!
As bases e os formularios de inscrición están dispoñíbeis en correlingua.gal/bases e o prazo de inscrición remata o 1 de febreiro de 2019. Recordade que as propostas deberán centrarse no lema do Correlingua 2019: o galego é a fórmula, que reivindica a presenza da nosa lingua en todas as materias do ensino, tamén nas do ámbito científico.



Boas festas!!

Desde o Correlingua queremos desexarvos un bo remate de ano e que pasedes unhas boas festas. En xaneiro esperámosvos coas baterías cargadas de ideas nas que o galego sexa a fórmula!

INSCRICIÓN NAS CARREIRAS E FESTAS FINAIS
Para inscribir o teu centro na carreira e festa final do Correlingua  só tes que premer aquí e cubrir os campos do formulario.


PROPOSTAS GAÑADORAS DOS CONCURSOS DO CORRELINGUA 2018
Vïdeo gañador secundaria
Vídeo gañador primaria
Manifesto gañador 2018
Banda Deseñada gañadora 2018

COÑÉCENOS, CONTACTA, SÍGUENOS EN: 
Facebook
Páxina web
Correo electrónico
Correlingua TV