Copy

Boletín Correlingua: xaneiro 2019



Calca aquí para ver este boletín no teu navegador
https://mailchi.mp/bc4513683e13/correlingua-2019-boletn-xaneiro?e=[UNIQID]

BD gañadora do Correlingua 2018 elaborada polo alumnado de 5ºB do CEIP Albeiros, Lugo

CONCURSOS DE MANIFESTO, VÍDEO E BD

No Correlingua comezamos o 2019 con moita gana de recibir todas as propostas do alumnado galego para os nosos concursos de manifesto, vídeo e banda deseñada. Recordade que todos os traballos deberán desenvolver o lema do Correlingua 2019: o galego é a fórmula. As rapazas e rapaces poñen o talento nas súas propostas e nós encargámonos de organizar uns premios á altura, trato feito?
Para participar consultade as bases e cubride os formularios de inscrición premendo en manifesto, vídeo ou banda deseñada. Recordade que é preciso facer as inscricións antes do 1 de febreiro, último día do prazo.

 



FESTAS FINAIS

O Correlingua 2019 celebrarase en 12 cidades e vilas galegas na primeira quincena de maio. Se aínda non anotastes o voso centro podedes consultar o calendario e facer a inscrición a través do formulario web de inscrición na festa final. Xa están inscritas máis de 7.000 nenas e nenos de todo o país, non o pensedes máis e empezade a preparar a vosa participación na festa da nosa lingua!

 

CANTALINGUA

Cantalingua é o concurso musical do Correlingua no que participan solistas e bandas do país que usan o galego nas súas músicas. A través do espazo do Cantalingua 2019 na nosa web o alumnado poderá coñecer as propostas e  votar as súas preferidas para que sexan as que lle poñan música ás festas finais do Correlingua.

INSCRICIÓN NAS CARREIRAS E FESTAS FINAIS
Para inscribir o teu centro na carreira e festa final do Correlingua  só tes que premer aquí e cubrir os campos do formulario.


PROPOSTAS GAÑADORAS DOS CONCURSOS DO CORRELINGUA 2018
Vïdeo gañador secundaria
Vídeo gañador primaria
Manifesto gañador 2018
Banda Deseñada gañadora 2018

COÑÉCENOS, CONTACTA, SÍGUENOS EN: 
Facebook
Instagram
Páxina web
Correo electrónico
Correlingua TV