Copy
 Se non viras ben este mail clica aquí

Benquerid*s amig*s, convidámosvos novamente a unha conversa arredor de Orfeo canta. Iniciación, signo & retorno, do autor rianxeiro Roberto Abuín, libro que se insire por un eido pouco común na escrita contemporánea. Un territorio xa explorado por outra xente (desde Maurice Blanchot até Pascal Quignard pasando por Maria Gabriela Llansol ou Giorgio Manganelli) e que se abre a unha certa expansión autoindagatoria do exercicio literario e filosófico. Un territorio onde poesía, narración e filosofía converxen nunha danza que nos move alén da propia letra do libro; ou na que o libro devén signo contrario á mera inscrición e se fai porta ao impensado. Literatura filosófica de estirpe nietzschiana que pensa aquilo que nos constitúe e nos libera do determinismo das orixes para entregarnos a unha certa continxencia mutacional.

O encontro terá lugar o vindeiro xoves 7 de marzo, ás 20 horas, no Café Cultural El Cercano (Cardenal Quevedo 20, baixo) en Ourense, e nel conversarán o autor e mais o filósofo e escritor Brais Arriba.

Agardámosvos.


Axóuxere Editora


Axouxere Editora 2019
Brión, 64 - Leiro / 15928 Rianxo / Galiza



Se recibes esta mensaxe é porque tes algunha relación profesional ou persoal co proxecto Axóuxere.
De non ser así, desculpa o erro; podes darte de baixa na lista seguindo a ligazóno a rodapé. Obrigado.