Copy
Se non viras correctamente esta mensaxe preme aquí.

Crendo na necesidade e importancia, a día de hoxe, de dispor lugares para a creación e o pensamento, lugares libres, á marxe da paramétrica propia da sociedade do consumo e o espectáculo, e que propicien as condicións e o tempo que toda actividade creadora precisa, lanzamos desde Axóuxere Editora unha nova convocatoria de residencias para escritoras/es e pensadoras/es en Rianxo.

As residencias, coorganizadas coa Deputación da Coruña e o Concello de Rianxo, desenvolveranse en dúas tempadas: verán (nos meses de agosto e setembro) e outono (entre os meses de outubro e decembro deste ano 2019), e até o 5 de xullo está aberto o prazo para presentar as propostas. Deixámosvos a seguir as ligazóns onde podedes encontrar as bases da convocatoria para as residencias de escritoras/es e de pensadoras/es en diferentes linguas, e tamén a ligazón á entrada correspondente do noso blogue. Agradecémosvos de antemán, por outra banda, que difundades esta información a toda persoa ou entidade a quen puidera interesar.

Para ampliar información ou para resolver calquera dúbida podedes enviarnos un email a residencia@axouxerestream.com ou chamarnos aos teléfonos 634 532 896 / 650 843 761 / 981 860 371.

Recibide unha cordial aperta.

Axóuxere Editora


 

Galego   /   Português   /   Español   /   English



Blogue

 

2019 Axouxere Editora


Clica na ligazón para
actualizar os teus datos ou darte de baixa na lista

Email Marketing Powered by Mailchimp