Copy

Recomendarías a alguén que se una a Coop57?
Faino! Estamos ampliando a base social
Estimadas,

Coop57 pon en marcha unha campaña de ampliación da base social e de captación de aforro, porque cada vez hai máis proxectos ilusionantes, coma o voso, que acoden a solicitar financiamento en Coop57.

Actualmente sodes máis de 1.000 socias de servizos de sectores tan variados como a vivenda cooperativa en cesión de uso; a alimentación e a agroecoloxía; as entidades sociais de loita contra a exclusión, a pobreza e as discriminacións; a cultura, as artes e a educación; entidades ecoloxistas, ou proxectos de intervención comunitaria e dos movementos sociais, entre outros moitos ámbitos.

No 2021 Coop57 concedeu
más de 23 millóns de euros en novos préstamos, grazas ás achegas das socias. É unha cifra récord, nunca concederamos tantos novos préstamos nun ano. E isto só é posible grazas ás achegas de aforro das socias da nosa cooperativa.

Agora, o contexto socioeconómico require que esteamos preparadas para dar resposta. Sempre afrontamos retos, e tiñamos os recursos necesarios. Pero cada vez os retos son maiores e requiren que Coop57 sexa máis forte e
sexamos máis persoas e entidades implicadas en construír unha economía que non deixe a ninguén atrás.

Para iso queremos ampliar a base social e a captación de aforro e así seguir tendo os recursos para responder a todas as solicitudes de financiamento que nos facedes as socias de servizos.

Sen o voso aforro, non sería posible.
__________________________________________________________

Por iso, animamos a implicarvos de dúas maneiras: 
Pedímosvos axuda para facer difusión e así chegar a máis xente. Persoas comprometidas, que queren construír co seu aforro unha economía social e solidaria, centrada na vida e non nos beneficios económicos.

Aquí vos deixamos algúns materiais que vos poden facilitar o traballo de difusión:
  1. Páxina web da campaña
  2. Pad de campaña + imaxes de difusión
Moitas grazas!
Facebook
Twitter
Instagram
Website

|2022| |Coop57, SCCL|

 
Enderezo
Rúa do Hórreo 104 Bxo. Esq.
15701 Santiago de Compostela

Teléfono:
673 52 47 39

darse de baixa desta lista    actualizar preferencias de subscripción
Pertences a esta lista como persoa ou entidade socia de Coop57
 
En cumprimento da Lei 34/2002, de 11 de Xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico e do Regulamento UE 679/2016 de protección de datos, COOP57, SCCL infórmalle de que dispomos da súa dirección de correo electrónico en base a que nola facilitou a vontade coa finalidade de manter a nosa relación e proporcionarlle por vía electrónica o noso boletín electrónico ou informacións relevantes do seu interese. Informar do seu dereito de acceso, rectificación, supresión, portabilidade, limitación ou oposición ao tratamento respecto dos seus datos, así como a retirar o consentimento prestado en calquera momento. Se non desexa seguir recibindo os nosos correos electrónicos, só ten que indicárnolo enviando un correo electrónico a comunicacio@coop57.coop. Para información adicional consulte a nosa páxina web https://coop57.coop

 







This email was sent to <<Email Address>>
why did I get this?    unsubscribe from this list    update subscription preferences
Coop57 SCCL · Rúa do Hórreo, 104, Bxo. Esq. · 15701, Santiago de Compostela · Santiago de Compostela, NJ 36002 · Spain