Copy
Non visualizas este correo correctamente?

Dossier de servizos financeiros 2022

Entidades socias de servizos de Coop57 Galiza:

Rematado o proceso asembleario no que se aprobaron as liñas de traballo para este ano 2022, tanto a nivel da Cooperativa como de Galiza, douvos traslado dun pequeno dossier informativo sobre as diferentes fórmulas de financiamento que ten activadas a Cooperativa.

Como veredes, trátase dun catálogo amplo que ao longo dos anos se foi definindo, incorporando fórmulas financeiras diversas, dando así resposta ás necesidades específicas que as socias de servizos foron formulando.

Foi así como xurdiron, por exemplo, os préstamos para financiamento de vivenda, ou os de capitalización de cooperativas e sociedades laborais, ou os máis recentes vinculados ao sector da enerxía.

Se tendes algunha necesidade específica, ou precisades coñecer máis polo miúdo as condicións e trámites de cada un deles, non deixes de porvos en contacto coa Secretaría Técnica da sección de Galicia (tendes o correo e teléfono de contacto máis abaixo).

Aclararavos os pasos a dar, documentación a achegar, as garantías a implementar en cada caso (avais mancomunados, posibilidade de garantía do fondo Easi, etc) e as condicións de cada liña de financiamento (prazos, xuros, etc).

Lembrade que Coop57 é unha ferramenta financeira que está ao voso servizo, para dar cobertura ás vosas necesidades e proxectos.

Un saúdo
 
Dossier de servizos financeiros 2022
Facebook
Website
|2022| |Coop57, SCCL|

Enderezo
Rúa do Hórreo 104 Bxo. Esq.
15701 Santiago de Compostela

Teléfono:
673 52 47 39

darse de baixa desta lista    actualizar preferencias de subscripción
Pertences a esta lista como persoa ou entidade socia de Coop57
 
En cumprimento da Lei 34/2002, de 11 de Xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico e do Regulamento UE 679/2016 de protección de datos, COOP57, SCCL infórmalle de que dispomos da súa dirección de correo electrónico en base a que nola facilitou a vontade coa finalidade de manter a nosa relación e proporcionarlle por vía electrónica o noso boletín electrónico ou informacións relevantes do seu interese. Informar do seu dereito de acceso, rectificación, supresión, portabilidade, limitación ou oposición ao tratamento respecto dos seus datos, así como a retirar o consentimento prestado en calquera momento. Se non desexa seguir recibindo os nosos correos electrónicos, só ten que indicárnolo enviando un correo electrónico a comunicacio@coop57.coop. Para información adicional consulte a nosa páxina web https://coop57.coop