Copy
Newsletter 5 | Septiembre 2022 

Descubrindo o Destino Río Limia-Lima a través do inventario da historia natural e cultural do territorio

Coñece e descubre o Destino Río Limia-Lima mediante o inventario da historia natural e cultural do territorio. Este inventario está formado por unha serie de pílulas audiovisuais, fichas descritivas dos elementos máis característicosun libro fotográficoun mapa turístico e un mapa cun itinerario piloto, elementos que  permiten coñecer en detalle e explorar contornas privilexiadas nas que se unen recursos ambientais e culturais arredor do río Limia-Lima.
DESCUBRE O DESTINO

Novas do proxecto

Restaurado o refuxio de pescadores no río Limia situado no concello de Bande
 
A finalidade desta actuación, promovida pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, é poñer en valor a conca fluvial do río Limia e fomentar as actividades deportivas e turísticas no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.
Un itinerario fotográfico aposta por poñer en valor o curso transfronteirizo do río Limia
 
A Deputación de Ourense desenvolveu un Itinerario que potencia os recursos naturais e culturais do río Limia, a elaboración dun mapa folleto e a colocación de soportes selfie en 7 puntos de alto interese paisaxístico.
Gastrolimia salienta a importancia do traballo cooperativo transfronteirizo para potenciar os recursos e as tradicións do territorio
 
Este evento serviu para visibilizar as tradicións culturais e gastronómicas vinculadas ao río Limia-Lima apostando pola intensificación das sinerxías entre produtores e hostaleiros da Baixa Limia e o Norte de Portugal.
Arcos de Valdevez terá un miradoiro en Cunhas e unha plataforma flotante na ecovía de Ermelo

 
Realizáronse diversas melloras en distintos puntos turísticos, co que se contribúe á súa posta en valor, á cualificación do turismo de natureza e ao aumento da actividade económica do municipio.
A CHMS inicia a restauración da ponte de Soutelo
 
Os traballos, nos que se investirán máis de 150 000 euros, consistirán na rehabilitación da ponte histórica realizada con pías de pedra, de pequena altura, con cinco ollos e 48,5 metros de longo. Esta ponte permite atravesar o río Limia e unir así os municipios de Muíños e Bande.
O municipio de Ponte de Lima estrea ecovía
 
Reforzáronse conxuntos de importantes equipamentos e infraestruturas asociadas ao turismo de natureza, como un importante produto turístico estratéxico en ascenso exponencial que trouxo un elevado número de turistas aos municipios.

Outras novidades

En que consiste o proxecto?

Fronteira Esquecida Limia-Lima é un proxecto destinado a potenciar os recursos naturais e culturais do río Limia-Lima e a súa contorna. O obxectivo principal é desenvolver unha estrutura de xestión e promoción conxunta que realce o aproveitamento turístico da zona. Trátase de actuacións coas que identificar, valorizar e promover de maneira coordinada o patrimonio natural, cultural e paisaxístico dos espazos circundantes ao río. 

PATRIMONIO DO RÍO LIMIA-LIMA

Identificación dos aspectos que conforman o patrimonio material e inmaterial ao redor do río, coa finalidade de elaborar un relato histórico conxunto e sentar as bases para a realización das actividades de xestión e promoción conxunta do destino turístico.

REDE TURÍSTICA

Articulación dunha estrutura transfronteiriza para a xestión coordinada de recursos, servizos e itinerarios turísticos de riqueza patrimonial, cultural e paisaxística e para a comercialización e a promoción conxunta do destino transfronteirizo ao redor do río Limia-Lima e que apontoe a súa sustentabilidade futura.

VALORIZACIÓN DO ESPAZO NATURAL E CULTURAL 

Desenvolvemento de actuacións conxuntas no territorio en termos de habilitación, promoción e sinalización e o deseño de roteiros e actividades.

LIMIA-LIMA 4.0

Actividades relacionadas coa promoción do destino turístico Limia-Lima a través das novas tecnoloxías (información dos espazos de valor, promoción do destino en redes etc.) que permitan unha interacción constante co visitante.

Ver máis sobre o proxecto
Proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020
www.poctep.eu
Facebook
Instagram
Website
Copyright © 2022 Fronteira Esquecida Río Limia-Lima, Todos los derechos reservados

Puedes cambiar tus preferencias o cancelar la suscripción.

Email Marketing Powered by Mailchimp