Copy
View this email in your browser

VI XORNADAS DE REHABILITACIÓN. MÁIS MADEIRA

O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia organiza, grazas á colaboración da Axencia Galega da Industria Forestal, XERA, e o Instituto Galego de Promoción Económica, Igape, as VI Xornadas de Rehabilitación, MáisMadeira. Debido á situación excepcional que estamos a vivir, a edición deste ano celebrarase de maneira online, a través da plataforma Zoom (enviarase o link ás persoas inscritas).

O obxectivo destas Xornadas é poñer en común os retos aos que se enfronta a rehabilitación en madeira e coñecer as particularidades que presenta este material a través das experiencias de recoñecidos profesionais neste eido. Abrirase unha mesa de diálogo entre os relatores que será moderada pola secretaria do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Elvira Carregado.

A cita será o 13 de novembro, a partir das 10:00 horas.

PROGRAMA
10:00 horas.- Benvida e Inauguración
                       José Ignacio Lema, director da Axencia Galega da Industria Forestal, XERA
                       José Manuel Iglesias, presidente do Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia, CMD
10:10 horas.- Casa para unha artista
                       Intervención de Castroferro Arquitectos
Estudio de arquitectura ubicado en Vigo que centra o seu traballo en dúas grandes liñas: os concursos de arquitectura e a obra de vivenda. Co gallo de poder ofrecer un servizo completo, traballan especificamente os espazos  dende os coñecementos da arquitectura e o interiorismo, cunha implicación máxima na búsqueda de lugares confortables e que melloren a calidade de vida dos seus clientes.
10:30 horas.- Restauración da Catedral de Mondoñedo
                       Intervención de Antonio Pernas                     
Deseña arquitectura moderna de alta calidade. O estudio pon un forte énfase na relación entre o edificio e o seu contorno e unha utilización sensible do espazo, os materiais de construción, a luz natural. Traballan co desexo de que cada proxecto sexa unha intervención orixinal á medida do cliente, o sitio, o programa e o orzamento. Empregan un alto abanico de materiais, combinando técnicas construtivas tradicionais e novidosas. A maioría dos seus proxectos desenvolvénse a través dunha narrativa particular.
10:50 horas.- Ola madeira e o por que dalgunhas cousas 
                       Intervención de Ola Estudio
O seu obxectivo é explorar as posibiliades dos seus clientes. Explotar as oportunidades do deseño e a arquitectura para optimizar os recursos. A súa actividade concíbese desde o interese polo traballo creativo a pequena escala ata o urbanismo consciente da realidade actual e os novos retos, entendendo que outras maneiras de facer e proxectar son indispensables. 
11:20 horas.- MESA REDONDA: Retos da rehabilitación en Madeira. Cara un futuro sostible

Os relatores debaterán sobre os principais retos aos que se enfronta a rehabilitación en madeira, así como os problemas detectados á hora de traballar con este material e as solucións atopadas. Compartirán cos asistentes virtuais as súas experiencias neste eido, expoñendo inquedanzas e diferentes visións profesionais.                
MODERA O DEBATE

Elvira Carregado
secretaria do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
12:00 horas.- Proxección audiovisual da intervención realizada nunha vivenda unifamiliar en Sar, 
                       Santiago de Compostela, por Ansede Quitáns Arquitectos
                   
Ansede Quintáns compartirá, a través dun vídeo realizado na vivenda unifamiliar de Sar, en Santiago de Compostela, as reviravoltas dunha rehabilitación que sorprende polo estado inicial no que se atopaba o proxecto. Os arquitectos farán un percorrido polos espazos máis comprometidos e amosarán as solucións empregadas para chegar á vivenda actual.
12:20 horas.- Fin da Xornada                 
Quero inscribirme ás Xornadas MáisMadeira
[[A inscrición é gratuíta. O prazo remata o vindeiro10 de novembro de 2020]]  
https://www.linkedin.com/in/cluster-da-madeira-e-o-dese%C3%B1o-de-galicia-b7768389/
Facebook
https://www.youtube.com/channel/UC-w0T7-VAFjEsxHcEoz_HLg?view_as=subscriber
Twitter
Copyright © 2020 Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia
Recibe este correo porque forma parte de la lista de contactos del Cluster da Madeira eo Deseño de Galicia. Si por cualquier motivo no desea formar parte de la misma, recuerde que siempre puede darse cuenta de baja o modificar sus datos en el enlace habilitado en el fondo de este correo.
Nuestra dirección es:
Cluster da Madeira eo Deseño de Galicia
Edificio Feuga. Rúa Lope Gómez de Marzoa, s / n. Campus Vida
Santiago de Compostela, 15701
981 937 261






This email was sent to <<Email Address>>
why did I get this?    unsubscribe from this list    update subscription preferences
Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia · Edificio Feuga. Lope Gómez de Marzoa, s/n. Campus Vida · Santiago De Compostela, A Coruña 15701 · Spain

Email Marketing Powered by Mailchimp