Copy

#VinteCoaLingua

Desde Aquí poderás seguir o Correlingua 2020

 

Preme aquí para seguir as transmisións https://youtu.be/FOKEpVQwLpI

Ola a tod@s

 

Aínda aquí estamos. Non cumprimos 20 anos sempre e por iso temos ganas de troula, desta volta será dun xeito diferente e cumprindo con todas as medidas marcadas polas autoridades educativas e sanitarias

Queremos partillar con vós a nosa ilusión por seguir aínda que non poida ser como máis nos gustaría. Non puidemos saír ás rúas en maio para celebrarmos a nosa festa.  Démoslle unha volta a todo e aquí estamos en novembro decididas a pasalo ben interactuando con vós por medio da rede e que sexades protagonistas dos nosos streaming. Podedes seguir a nosa festa e participar das diferentes actividades desde os vosos centros.

Desexamos que o Correlingua sexa unha actividade que perdure todo o ano buscando sempre e a vosa complicidade e argallando actividades e retos que permitan ter unha maior relación e entendemento cos centros educativos.

Todos os centros do país poderedes participar con nós deste reto, que vai ser o Correlingua, dinamizando e dándolle pulo ao idioma dun xeito lúdico e participativo. 

Comezamos! E será en Narón cunha festa na que participarán Cé Orquestra Pantasma e A Gramola Gominola e que presentará Isabel Risco.  Vindeiro xoves, 5 de novembro, desde as 11:30h

Toda a festa, toda a troula e toda a lingua nesta ligazón: https://youtu.be/FOKEpVQwLpI

#VinteCoaLingua #NonParamos



Iremos informando das distintas transmisións que se celebrarán ao longo de novembro

Grazas e moita festa da lingua!

 

Facebook
Twitter
Link
Website
Copyright © 2020 correlingua, All rights reserved.


Want to change how you receive these emails?
You can update your preferences or unsubscribe from this list.

Email Marketing Powered by Mailchimp