Copy

 

Inmunízate co Galego!
 

Amigas e amigos, este ano tamén teremos Festas!
E celebrarémolas por todo o país entre o 18 de outubro e o 30 de novembro, cun
formato semellante ao da pasada edición. Volveremos emitir en directo os concertos
para que o voso alumnado poida gozar deles na propia aula. Confiamos que a situación
sanitaria mellore e algunha destas actividades conte coa presenza dos nenos e nenas
nos propios lugares de celebración.
En setembro teremos o calendario das Festas e os artistas que participarán nelas así
como outras actividades programadas.
Mentras tanto xa podedes inscribir a vosa aula nos concursos Correlingua que se
desenvolverán neste último trimestre do curso 20-21.
.
Aberta a inscrición nos concursos Correlingua 2021
Xa podedes inscribir o voso centro!
En correlingua.gal está dispoñíbel o calendario e o formulario de inscrición para os
concursos de Banda Deseñada, Vídeo e Manifesto.
Animádevos a participar nesta nova edición do Correlingua!

Premios dos concursos de manifesto, BD e vídeo
O Correlingua organiza máis un ano os seus concursos de elaboración do manifesto,
banda deseñada e vídeo. Os premios, como poderedes ver nas bases, consistirán
nunha clase maxistral no caso da BD e o vídeo na categoría de secundaria, na de
infantil e primaria será unha actuación musical e un obradoiro de creación literaria
para o manifesto que impartirá no propio centro de ensino do grupo gañador unha
persoa de recoñecido prestixio no sector audiovisual, artístico e literario.

As bases e os formularios de inscrición están dispoñíbeis en correlingua.gal e o prazo de
inscrición remata o 12 de maio de 2021. Recordade que as propostas deberán centrarse no lema do Correlingua 2021: inmunízate co galego, reivindicando así o dereito a medrar e vivir en galego.


Consulta as bases aquí

Inscrición Concurso Manifesto

Inscrición Concurso Banda Deseñada


Inscrición Concurso Vídeo











 
Twitter
Facebook
Website
YouTube
Copyright © 2021 correlingua, All rights reserved.


Want to change how you receive these emails?
You can update your preferences or unsubscribe from this list.

Email Marketing Powered by Mailchimp