Copy
Boletín de novas sobre a ilustración galega.
 
NOVAS AGPI

Edición aberta do Boletín AGPI   ●   N.º 1   MARZO 2013

BENVID@S! 


Este é o novo boletín de noticias da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración.
 
Aquí atoparás información sobre lanzamentos, eventos, convocatorias e proxectos relacionados co sector da ilustración galega.

Para recibir comodamente o boletín no teu correo electrónico podes subscribirte aquí. Tamén podes compartir este boletín cos teus amigos e colegas, e enviarnos as túas suxestións e comentarios escribíndonos a correo@agpi.es

Se o prefires tamén podes borrar a túa subscrición.

Agardamos que esta nova ferramenta informativa sexa
do teu interese.
  Suscribete    Envia   Contacta
NOVAS AGPI

Revisión de portafolios de ilustración

Pazo de Congresos de Pontevedra  O 18/03 ás 19:00 horas


Dentro das actividades do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, a AGPI organiza unha sesión de revisión de portafolios de ilustración ao cargo de dous recoñecidos profesionais do sector: Jacobo Fernández e Marc Taeger.

 
De forma gratuíta, calquera persoa interesada (profesionais, afeccionados ou estudantes, e tanto socios como non socios da AGPI) pode achegarse polo salón de actos do Pazo da Congresos co seu portafolio para recibir a opinión destes dous profesionais de primeiro nivel. Deste xeito, os participantes poderán definir mellor a súa «tarxeta de presentación», a súa selección de traballos, de cara a conseguir optimizar a presentación da súa obra en entrevistas con editores e outros clientes.

Curso Agpi: o entintado

CSC O Ensanche Santiago de Compostela  O 6/04
 

Xa está preparado o seguinte Curso Agpi, no que o relator convidado será José Luis Ágreda, ilustrador e debuxante de BD que colabora con asiduidade co xornal El País ou o semanario de humor El Jueves.

Nesta ocasión o curso versará sobre o entintado, tanto tradicional como dixital. O noso convidado explicaranos os seus procesos de creación manual, e tamén o uso das ferramentas máis avanzadas, como os programas Sketchbook Pro ou o Manga Studio.

Terá lugar no Centro Sociocultural O Ensanche de Santiago de Compostela o vindeiro día 6 de abril.

Podedes atopar toda a información sobre este evento na web dos cursos Agpi, e preinscribirvos nel cubrindo este formulario.

Ademais estamos facendo todos os preparativos para levar a cabo nesa mesma data unha nova convocatoria do IlustraNoite: unha serie de rápidas presentacións das obras de varios ilustradores da zona. Podedes ver unhas fotos do anterior no noso Flikr.

Exposición Salón do Libro 2013

Pazo de Congresos de Pontevedra  Ata o 23/03.


A pasada semana deron comezo as actividades do
XIV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, e entre elas a exposición de varios dos nosos socios titulada «Parafusos, alambiques e birleques», que estará aberta ao público ata o 23 de marzo.

Unha escolma de 16 ilustradores da Agpi representan nas obras expostas a súa particular visión das máquinas. Se non podedes asistir en directo á exposición, pasádevos pola súa versión online

Para visitala en vivo podedes acudir ao Pazo da Cultura, de luns a venres de 16:30 a 21:00 horas. Os sábados tamén abren de 11:00 e as 14:00 horas, ademais de polas tardes, e os domingo só abrirán en horario matinal.

  Suscribete    Envia   Contacta
NOVAS AGPI

Feiras e congresos

 

Feira de Boloña

Do 25 ao 28 marzo ● Centro de exposicións de Boloña

Este ano a Bologna Children's Book Fair, o evento europeo máis relevante na panorama da ilustración infantil e xuvenil, cumpre 50 anos. Os profesionais e afeccionados da ilustración tendes unha razón máis para acudir a esta cita imprescindible.
Máis información

 

 

31 Salón del Cómic de Barcelona

Do 11 ao 14 de abril ● Fira de Barcelona Montjuïc

Unha primavera máis podedes desfrutar do evento de BD de máis importancia no noso país. Os interesados en concertar entrevistas profesionais non perdades de vista este enlace, onde se vos explicará o procedemento.
Máis información

 

ILUSTRAFIC

Do 19 ao 21 de xuño ● Facultade de BB.AA. de San Carlos

O Ilustrafic é o I Congreso de Ilustración de Valencia, un evento bienall que xorde coa vocación de xerar un espazo de reflexión sobre a imaxe e a cultura visual nas súas diferentes aplicacións.
Máis información

Cursos e obradoiros

 

Taller de BD e ilustración de Sergio Covelo

Os luns ás 17:00 h ● Avenida Atlántida 32 (Bouzas), Vigo

Todos os luns pola tarde Sergio Covelo impartirá clases de cómic e ilustración no Taller Zoográfico.
A partir de 8 anos.
Máis información

 

 

Deseño gráfico de Apps para dispositivos

Do 12 ao 14 de abril ● Fundación Luís Seoane, A Coruña

Aprende a entender o proceso de creación dunha App dende o ámbito do deseño de produto e do deseño gráfico. Sen a necesidade de ser programadores, aprenderemos a deseñar aplicacións con ‘efecto wow’ que teña éxito entre os usuarios.
Máis información

 

Obradoiro de BD por Santy Gutiérrez

O 25 e 26 de abril ● Biblioteca Municipal Central, Cambre

Obradoiro de rudimentos básicos da banda deseñada para os estudantes de secundaria, dende a translación do guión á paxina ata o deseño de personaxes e uso de planos, encadres, secuencias, onomatopeas...
Edición anterior do obradoiro


Actividades e presentacións

 

NOCTURNIA Programa de Ocio Alternativo

 Do 01/03 ata o 08/06 ● Varias localizacións, A Coruña

Programa de ocio para a mocidade da Concellaría de Xuventude do Concello da Coruña que ofrece actividades gratuítas para os mozos/as de 12 a 30 anos. Son actividades deportivas, artísticas, audiovisuais, recreativas, etc.
Máis información


Charla de Guitián en Belas Artes

O 21/03 ás 12:30h ● Facultade de BB.AA. de Pontevedra

Alberto Guitián fala das súas experiencias profesionais como ilustrador. O acto está inscrito no ciclo de charlas «De promesa a realidade», adicado ás diversas saídas profesionais dos estudantes de belas artes. 

Mostras e exposicións

 

Debuxos de iPad

Campus Stellae, Santiago de Compostela

Debuxos varios saídos do lapis dixital de Mariano Casas. Unha auténtica inmersión en 16 millóns de cores.

Máis información



Retorno ao salvaxe

Ata o 26/05 ● Fundación Granell, Santiago de Compostela

O artista brasileiro Sérgio Lima reúne varias das súas series de deseños, colaxes e debuxos que xiran en torno á temática do corpo feminino e da súa erótica implícita. 

Máis información



Exposición en La Goleta / Miki

O 21/03 as 20:30h ● C/ Luis Taboada, Vigo

Durante a inauguración sortearase entre os consumidores unha ilustración dixital realizada en directo. Música por Carycar Djs (indie/pop/rock). Entrada de balde.

 


Luís Seoane. Murais

Ata o 16/06 ● Fundación Lus Seoane, A Coruña

62 esbozos preparatorios, 75 fotografías da época que mostran o artista traballando nas obras e o resultado final destas, e 44 fotografías que documentan o estado actual dalgúns deses murais.

Máis información

  Suscribete    Envia   Contacta
NOVAS AGPI
06/02/2013  ●  ‘Beowulf’, novo proxecto de David Rubín
07/02/2013  ●  A Asociación de Escritores premia cinco humoristas gráficos
08/02/2013  ●  Guitián publicará ‘Petaco’ en Francia
08/02/2013  ●  Sinaturas de Manel Cráneo en Ferrol
08/02/2013  ●  Nuria Díaz, na revista ‘Dot’

Facebook Twitter Flickr Pinterest Youtube
Inicio   Info AGPI  ●  Eventos próximos  ●  Novas da web
 
NOVAS AGPI
Share
Tweet
Forward to Friend
Copyright © 2013 AGPI, All rights reserved.