Copy
Estimados amigos:

Estamos difundindo o noso boletín Novas AGPI, un novo servizo informativo sobre a actualidade da ilustración en Galicia. Neste boletín atoparedes información sobre lanzamentos, eventos, convocatorias e proxectos relacionados coa ilustración galega e os seus creadores.

Con Novas AGPI queremos contribuír a aumentar a proxección da ilustración galega e dinamizar o diálogo cos outros eidos da creación, da comunicación e a cultura do noso país. Podedes ollar a primeira entrega do boletín aquí

Algunhas das novas que destacamos nesta primeira entrega:
  • Curso Agpi de entintado. Clase maxistral de entintado tradicional e dixital con Jose Luis Agreda. Aberto prazo de inscripcións. Sábado 6 de abril no Centro Sociocultural O Ensanche de Santiago de Compostela.
  • Exposición Salón do Libro Infantil 2013: «Parafusos, alambiques e birleques» Colectiva de socios de Agpi.                Ata o 23 de marzo no Pazo da Cultura de Pontevedra.
  • Revisión de portafolios de ilustración. Servizo de orientación a ilustradores a cargo de Jacobo Fernández e Marc Taeger. Luns 18 de marzo ás 19:00 h no salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra. Acceso libre e gratuíto.  
Agardamos que este novo servizo informativo sexa do voso interese.
 
Se queredes enviar este boletín a un amigo ou compañeiro pinchade aquí. Podedes darvos de baixa nesta ligazón.

 
Recibide un cordial saúdo,

AGPI / Asociación Galega de Ilustradores Profesionais
www.agpi.es

Email Marketing Powered by Mailchimp